HomeDeportesFelicidade e sorpresas na clausura do XIII Campus do Celta en Monforte

Felicidade e sorpresas na clausura do XIII Campus do Celta en Monforte

Ese venres rematou a semana de achegamento á disciplina futbolística que propiciou o Concello de Monforte en colaboración co R.C. Celta de Vigo.

Publicado o

- Advertisement -

Ao rematar a xornada de hoxe, os adestradores dos direfentes grupos xuntaron aos nenos e nenas participantes no medio do campo Luís Bodegas para dar a despedida ao campus.

Reunidos por grupos, segundo a categoría correspondente, recibiron a visita do Alcalde José Tomé Roca que foi persoalmente entregar os diplomas acreditativos da formación e os agasallos sorpresa que se deron ao final do acto.

Os participantes formando por grupos á espera de ser chamados para recibir os diplomas / XdL

Un por un, o responsable de deportes do Concello foi nomeando aos cativos/as e José Tomé entregou en man o correspondente diploma e tamén unha pulseira do club para satisfacción dos máis pequenos e diante dunha grada moi nutrida de familiares que seguían o acto.

Tomé, moi afectuoso con todos e cada un dos cativos/as / XdL

A continuación, houbo un recoñecemento especial para os adestradores e un sorteo sorpresa de material deportivo do R.C. Celta de Vigo -camisolas, pantalóns e mochilas- Os afortunados, 4 por cada grupo, sumaban puntos no nivel de satisfacción e, quizais tamén, nas futuras intencións de simpatía polo equipo vigués… Nesta rolda de agasallos, tamén houbo 4 obsequios finais, para os catro participantes que destacaron por valores como compañeirismo, educación, predisposición… O gasallo consistiu nunha experiencia ‘premium’ en Vigo para coñecer de preto o club, instalacións, etc.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...