HomeDeportesCarolina Camino e Anier Mariño orgullosos de fichar polo Emevé de Lugo

Carolina Camino e Anier Mariño orgullosos de fichar polo Emevé de Lugo

A presentación dos novos xogadores do Club Arenal Emevé de voleivol tivo lugar días atrás no Centro Comercial As Termas. No acto para a prensa falaron a presidenta do club, os rapaces e o deputado provincial de deportes da Deputación de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A presidenta do Club Arenal Emevé, Bibi Bouza, fixo unha presentación previa das novas fichaxes. Dixo que coa quiroguesa Carolina Camino estaban moi orgullosos polo seu palmarés, que aínda sendo tan nova está na 2ª tempada da selección permanente e tamén foi convocada para formar parte da selección absoluta. Lembrou tamén a súa formación no C.V. Ribeira Sacra e o traballo do seu preparador Manolo Martínez.

De Anier Mariño destacou a súa altura aínda sendo tan novo, que foi formado no Club Korbis de Monforte e que era un orgullo tamén poder crecer amparados pola calidade deste novo xogador.

“Estou moi contenta de formar parte deste club porque eu creo que cos fichaxes temos bo equipo, e este primeiro ano que ficho por un equipo novo quero ter a oportunidade de xogar aínda nun equipo galego e ganar o campionato de España” comentou Carolina Camino antes de dar as grazas ao club por confiar nela.

O monfortino Anier Mariño dixo estar moi contento de xogar este ano no Emevé e engadiu que “creo que é o mellor equipo a nivel de Galicia, quero ganar o campionato de España cadete e o campionato galego xuvenil”.

Efrén Castro, Deputado Provincial de Deportes, deulles a benvida ao equipo e destacou o esforzo económico da Deputación con clubs como o Emevé que son de elite. Recoñeceu estar  orgulloso non só por apoiar a este club senón tamén porque “a aposta non queda só en Lugo se non que se converte nun referente para toda a provincia”.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...