HomeDeportesFestival de sendeirismo na Ribeira Sacra

Festival de sendeirismo na Ribeira Sacra

O evento, que terá lugar esta fin de semana e non ten precedentes en Galicia, reúne deporte, música e gastronomía.

Publicado o

- Advertisement -

Trátase dunha iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra que nace co fin de seguir poñendo en valor os recursos da zona como o románico, o viño, a paisaxe e os esgrafiados a través da práctica do sendeirismo. Unha actividade alternativa saudable e sostible coa que é posible coñecer a Ribeira Sacra máis descoñecida para a maioría dos visitantes.

As rutas tematizadas son o punto forte desta primeira edición, que se celebrará durante as xornadas do 12 e 13 de maio. Case vinte rutas que se desenvolverán de forma simultánea e nas que se percorrerán paraxes espectaculares da man de guías especializados cos que ademais se aprenderán cousas de temas tan diversos e tan relacionados na contorna como son a viticultura, a historia, etnografía, esgrafiados, aves e incluso fotografía.

Meandro da Cubela. Ribas de Sil.

A programación contempla numerosos percorridos pensados para todos os públicos, desde os máis pequenos ata os máis aventureiros, con diferentes dificultades e duración. Todos os percorridos programados están enmarcados na Ribeira Sacra e con algo en común, a festa que marcará o punto final deste evento. Unha reunión na que todos os participantes se poderán coñecer e gozar do día mentres degustan produtos locais e escoitan aos mellores artistas da zona. O punto de encontro final será o sábado 12 no Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo e no Pavillón Municipal de Bóveda.

Toda a información sobre o Festival de Sendeirismo Ribeira Sacra 2018 pode ser consultada na páxina web oficial do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

 

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...