InicioDeportesMonforte terá ‘Campamento Deportivo de Verán’ e con máis prazas que nunca

Monforte terá ‘Campamento Deportivo de Verán’ e con máis prazas que nunca

240 prazas durante 3 quendas, dende o 13 de xullo e o 21 de agosto, e con estritos protocolos de seguridade e hixiene fronte á COVID-19. A preinscrición será telemática.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de anunciar unha nova edición dos ‘Campamento Deportivo de Verán’. Esta actividade chega para dar cobertura ás “necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas así como para que  nenos e nenas, rapaces e rapazas, poidan gozar dunhas vacacións activas practicando actividades lúdicas de xeito saudable”, tal como indicou o seu alcalde, José Tomé.

Por mor das limitacións que impón a actual situación derivada do Coronavirus, dende o concello deseñouse por primeira vez un desenvolvemento dos Campamentos en 3 quendas, que suporán 30 días de actividade, 10 máis que en pasadas edicións, cun dos programas de actividades máis amplo dos últimos anos. O número de prazas será maior que en anteriores edicións, 80 persoas por quenda, cun total de 240 prazas dirixidas a nenos e nenas de entre os 5 e os 12 anos. Por motivos de seguridade, os grupos non superarán as 10 persoas incluído o monitor.

Outra das novidades será que a preinscrición farase de xeito telemático a través da páxina web do concello. Con isto quérese evitar que a xente teña que acudir fisicamente ás oficinas municipais, e evitar así longas colas, que non son aconsellables no actual estado sanitario por mor do Coronavirus. O prazo empezou este martes 16 e rematará o vindeiro día 25, publicándose o 26 de xuño a listaxe de preinscritos. A inscrición definitiva farase entre o 30 de xuño e o 8 de xullo.

O alcalde destacou que dende o Equipo de Goberno traballouse intensamente no establecemento de rigorosos protocolos de seguridade e hixiene fronte a COVID-19 co obxectivo de garantir o desenvolvemento axeitado dos Campamentos.

Campus R.C. Celta 2019 / XdL

XIV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo

A segunda e terceira quendas dos Campamentos van celebrarse no mes de agosto e vanse solapar coa celebración da edición número 14 do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, que se vén celebrando cada ano a principios do mes de agosto.

Por este motivo, lembran dende o concello que todas aquelas persoas que queiran inscribirse neste Campus do R.C. Celta, deberán ter en conta a súa coincidencia no tempo con parte dos Campamentos de Verán do Concello. Así mesmo estableceron que os prazos de inscrición para este Campus do Celta cos dos Campamentos de Verán. Para formalizar a preinscrición tamén a través da páxina web do concello.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...