InicioDeportesMarcha Ciclista Unificada o 1 de outubro na comarca de Lemos

Marcha Ciclista Unificada o 1 de outubro na comarca de Lemos

Monforte, Sober e Pantón serán parte dos escenarios protagonistas do transcurso da 8ª Marcha ciclista unificada organizada pola asociación Special Olympics Galicia, que une deporte e inclusión social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais do Concello de Monforte, Sober e Ferreira de Pantón, serán os outros municipios que acollerán ós ciclistas desta Marcha durante a primeira xornada, que terá lugar este xoves 1 de outubro. O venres, será a quenda do Concello de Baños de Molgas, en Ourense, que collerá o relevo da Marcha. 

O Alcalde do Concello de Monforte e Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, destacou o apoio que ambas entidades prestan a este evento, “porque é un exemplo de deporte inclusivo no que participan persoas con e sen discapacidade intelectual, e polo tanto conecta directamente coa nosa decidida aposta polas políticas de índole social”.

Do mesmo xeito, “a pesar da actual situación de crise sanitaria derivada do Covid-19, dende a Deputación e o Concello secundamos este tipo de iniciativas porque posibilitan que persoas con e sen discapacidade compartan unha xornada de deporte e ocio inclusivos, neste caso en concellos da zona sur da nosa provincia”, destacou o mandatario provincial.

Dende Special Olympics Galicia, o seu presidente, Eladio Fernández, sinala “son tempos complicados, pero debemos buscar a maneira de retomar a maior normalidade posible. Con esta actividade, queremos poñer o noso grao de area para retomar pouco a pouco a actividade, e ofrecer una alternativa de ocio e deporte seguro para tódalas persoas con discapacidade intelectual que durante estes meses viron especialmente reducida a súa oportunidade de relacionarse fóra do núcleo familia”.

Do mesmo xeito, o máximo responsable de Special Olympics Galicia resalta o carácter innovador desta marcha pois “esta iniciativa empezaba hai xa oito anos como unha experiencia piloto, e aínda que esta edición vai ser moito mais conservadora dadas as circunstancias derivadas da crise sanitaria, mantén intacta a súa esencia”.

primeira ruta ciclista será estes xoves, día de 1 de outubro, e nela participarán 16 deportistas e 3 adestradores que cubrirán a ruta de Sober-Ferreira de Pantón-Monforte-Sober. A saída desta primeira ruta terá lugar ás 10:45 horas dende a Praza do Concello de Sober. A chegada prevese ás 14:00 nesta mesma localización, tras percorrer as rúas de Monforte e Ferreira de Pantón.

segunda xornada celebrarase o venres día 2 e terá lugar na localidade de Baños de Molgas, na provincia de Ourense, saíndo ás 10:45 dende a estación do tren, e con chegada ás 14:00 a esta mesma localización. 

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...