HomeDeportesO club Quixós imparte clases de piragüismo ao alumnado da Pinguela

O club Quixós imparte clases de piragüismo ao alumnado da Pinguela

O IES A Pinguela agradece a Quixós a súa implicación, cada curso, na formación deportiva do alumnado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado de ESO e Bacharelato do IES A Pinguela vén de facer varias quendas de clases prácticas de piragüismo polo río Cabe ó seu paso por Monforte, dirixidos polos deportistas e directivos do Club Quixós de Monforte.

Previo ás prácticas, o alumnado recibiu tamén varias clases teóricas sobre os fundamentos deste deporte no que o este club é referente nacional.

Esta colaboración mantense desde hai varios anos, incluída na programación do Sello Vida Saludable, que organiza o departamento de Educación Física do centro.

Piragüismo A Pinguela Quixós / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...