HomeDeportes11 medallas para o Club Natación Monforte no Campionato Galego

11 medallas para o Club Natación Monforte no Campionato Galego

Outra fin de semana intensa para o Club de Natación Monforte, o sábado, 12 de xuño, 4 nadadores da categoría Master, desprazáronse a Ponteareas para disputar o Campionato galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O resultado para o Club Natación Monforte en Ponteareas non podía ser mellor, obtendo 11 medallas: Prata para José Manuel Martínez, Prata e Bronce para David Martínez que debutaba nesta categoría, 3 Ouros e unha Prata para Edmundo Novoa, e tres Ouros e unha Prata para Teresa Fernández. O Club felicita aos seus nadadores da categoría Master, polo seu rotundo éxito no Campionato Galego.

O Domingo día 13, tocoulle a quenda ás categorías Infantil, Junior, e Absoluto novo. En total 14 nadadores desprazáronse á piscina de Frigsa (Lugo), para participar nunha toma de tempos organizado polo Club de Natación Portamiñá. Trátase dun control de marcas previo ás competicións autonómicas que se disputarán nas próximas semanas, no que se conseguiron mellorar moitas marcas persoais, e mínimas en varios equipos de substitucións, todo iso a pesar de ser a primeira vez que se compite nunha piscina de 25 m desde o inicio de Pandemia.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...