HomeDeportesO CN Monforte suma mínimas para o campionato galego absoluto

O CN Monforte suma mínimas para o campionato galego absoluto

Esta fin de semana o Club Natación Monforte disputou en Xove a primeira xornada de tres, nas que se divide o campionato provincial de Lugo. O sábado en xornada de tarde competiuse co CN Xove, anfitrión e organizador desta xornada, CN Fluvial de Lugo e CN Portamiñá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Natación Monforte acudía con 19 nadadores e as probas que nadaron foron o 50libres, 200 braza, 100costas, 100 estilos, 400libres e 200 bolboreta todas en masculino como en feminino. As categorías que compiten no provincial son desde infantil ata absoluto polo que o rango de idade comprendíase entre os 12 anos da máis nova aos 22 do máis veterano e foi precisamente el, Pablo Valcarce, quen conseguiu a única medalla da expedición, que foi un bronce en 100costas aínda que quedou a unhas décimas de subir novamente ao podio nos 100estilos.

A falta de resultados oficiais tamén conseguiu unha mínima para o campionato galego absoluto un dos nosos infantís, Odei Arias, que realizou un moi bo 100 costas que o colocou moi preto do podio, do mesmo xeito que o seu compañeiro junior, David Conde, que tamén se tivo que conformar cunha medalla de chocolate na esixente proba da 200bolboreta na que conseguiu mínima para o seu territorial.

Outras novas mínimas posibles, a falta de confirmación, foron a de Elena Arias na 200braza, Esther Martínez en 100costas, Odei Arias en 100estilos e Daniel Pérez en 200braza. O resto da expedición realizou nunha alta porcentaxe, as súas mellores marcas en piscina de 25. O vindeiro sábado 18, o CN Monforte desprazarase ata Redondela cos membros máis novos do club para que disputen as súas correspondentes ligas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...