InicioDeportesO alcalde de Monforte recibe a Eduardo Iglesias antes do seu terceiro...

O alcalde de Monforte recibe a Eduardo Iglesias antes do seu terceiro rally Dakar

O acto serviu para dar a coñecer a moto coa que Iglesias competirá, así como a equipación que levará á proba, na que competirá co dorsal número 38.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O piloto, Eduardo Iglesias, sairá o día 27 desde Barcelona, e aínda que a proba comeza o 2 de xaneiro, un día antes realizase unha etapa prólogo previa ás 12 etapas das que consta esta edición do Dakar, que se celebrará ata o 14 de xaneiro en Arabia Saudita. Na recepción, o alcalde e Iglesias estiveron acompañados tamén por outros membros do equipo de goberno e por un dos membros do equipo do piloto monfortino, Jesús Veloso Cachaldora.

Este 2022 será o terceiro ano consecutivo en que o piloto monfortino participe no rally máis famoso do mundo. O alcalde desexoulle o maior do éxitos en nome de todos os monfortinos, agardando “que non teña accidentes e que, si pode, supere o posto 53 que conseguiu na pasada edición.”

Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súas dúas participacións no Dakar, quedando nun meritorio posto 94 no ano 2020 e no posto 53 en 2021. “Este ano non lle imos pedir menos porque estou seguro de que Eduardo e o seu equipo volverán a dalo todo, co obxectivo de rubricar novamente unha exitosa participación nesta edición do Dakar”, destacou o rexedor municipal. Ademais, o Alcalde salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación. O Concello monfortino apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 euros.

O alcalde concluíu a súa intervención manifestoulle o seu orgullo, e o de todos os monfortinos, por representar de novo a Monforte e á Ribeira Sacra nun evento deportivo internacional desta índole, e desexoulle o maior dos éxitos nesta terceira participación no Dakar.

Pola súa banda, Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto, e comprometeuse a acadar os éxitos conseguidos nas dúas outras participacións.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...