HomeDeportesO Quixós comeza o ano co seu tradicional descenso do Cabe

O Quixós comeza o ano co seu tradicional descenso do Cabe

Capitaneados por Carlos Serafín Moutiño, trece piragüistas do club fixeron o percorrido dende Ribasaltas ata o embarcadoiro do Parque dos Condes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O club de piragüismo Quixós de Monforte ten por costume facer o descenso do río Cabe dende Ribas Altas ata o Parque dos Condes cada primeiro de xaneiro.

Algún ano podería dar certa preguiza polo frío, pero neste comezo de 2022 a temperatura era máis de primavera que de inverno. O sol madrugou e xa quentaba ben a iso das once da mañá cando emprenderon o camiño cara a zona de lecer de Ribas Altas, lugar de saída do percorrido.

‘Preparados, listos, xa’ en Ribasaltas / XdL

Dende este punto, e río Cabe abaixo, trece piragüistas ben novos emprenderon o descenso duns catro quilómetros co veterán Carlos Serafín Moutiño como guía da expedición. Aínda que o río non levaba excesiva corrente o percorrido sempre resulta atractivo e saír da rutina diaria un incentivo máis para todos e todas. Os máis novos, primeirizos na experiencia, saían do embarcadoiro do Parque dos Condes con caras de gran satisfacción.

O descenso foi gravado en video e, en canto lles sexa posible, seguramente o compartirán nas súas redes sociais.

ÚLTIMAS

BNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa reparación urxente

O BNG de Monforte reclamará un calendario de obras con dotación real e actuacións...

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza...

Presentación do novo libro do escritor Armando Requeixo,’Literatura insólita’

Publicado pola Editorial Galaxia, Literatura insólita reúne unha escolma de artigos nos que o...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha...