HomeDeportesO Quixós volve de Portugal cun terceiro posto por equipos

O Quixós volve de Portugal cun terceiro posto por equipos

O club monfortino competía esta pasada fin de semana en Covas, no concello de Vila Nova de Cerveira, na ‘Taça Ibérica de Slalom’. Ademais do 3º posto colectivo acadou 9 medallas individuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deportistas do Club Quixós de Piragüismo tiveron dúas xornadas intensas, tanto pola competición, que se desenvolveu o sábado 22 e o domingo 23, como polos quilómetros que tiveron que facer tendo en conta que os dous días viñeron durmir a Monforte.

A competición que abre a tempada de piragüismo galego-portugués, coñecida como ‘Taça Ibérica’, reuniu doce clubs galegos e portugueses na ‘Azenha de Pagade’. Tras unha dura competición, o club monfortino acadou o terceiro posto na clasificación final por equipos.

No que respecta á clasificación individual, nove deportistas do Quixós acadaron clasificarse entre os tres primeiros en diferentes categorías. Trouxeron medallas para Monforte: Sara Inés Varela trouxo dúas, unha de prata en K1 infantil e unha de bronce en C1 infantil; Martín Prats tamén trouxo dúas, unha de ouro en C1 infantil, e unha de prata en K1 infantil; Ximena Prats foi bronce en K1 cadete; Efrén Álvarez, prata en K1 cadete; Noa Díaz acadou unha de ouro en K1 cadete; Santi Díaz foi ouro en K1 veterano C e Carlos Serafín Moutiño prata en K1 veterano B.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...