HomeDeportesSobresaliente do C.N. Monforte no XXVII Campionato de España "Open" de inverno...

Sobresaliente do C.N. Monforte no XXVII Campionato de España “Open” de inverno natación masters

A actuación de todos os integrantes do CN Monforte foi sobresaliente nesta cita que se desenvolveu no Complexo deportivo Rías do Sur en Pontevedra. 7 foron os nadadores que acudiron á cita máis importante do calendario nacional máster desta primeira parte da tempada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre todos nadaron 19 probas e 2 substitucións. En canto ás actuacións individuais: Ismael Pérez (+20) foi o nadador máis destacado e logrou medallas en todas as súas intervencións individuais. En 50 bolboreta obtivo o bronce e o récord galego +20 na proba; nos 100 estilos, a prata; nas 100 costas o primeiro ouro con mellor marca galega ao igual q nas 50 costas, no que tamén se colgou o ouro. Pablo Valcarce (+20), do mesmo xeito que Ismael, obtivo senllas preseas nas súas 2 probas, un bronce nas 50 costas e ouro nas 200 costas con mellor marca galega. Os 2 nadadores coparon o máis alto do caixón nas 3 probas de costas e todas con mellores marcas galegas da súa categoría. David Martínez (+20), nadou 4 probas moi esixentes conseguindo mellorar os seus rexistros, quedando 6º nos 200 estilos; nun gran 200 braza obtivo o bronce; na 50 braza quedou a un posto de subir ao caixón de premiación e na 100 braza quedou 7º. Juan Pontón (+20), mostrou un gran nivel, a pesar da súa curta preparación ao volver dunha operación que o mantivo no dique seco durante meses. Nun esixente 50 bolboreta polo alto nivel que houbo, quedou nunha gran 7ª posición e no 50 libres realizou un gran rexistro quedando en 8º posto. Santiago Suárez (+25), pulverizou os seus rexistros de inscrición. Obtivo un 5º posto na 50 bolboreta; 9ª posición en 100 bolboreta rebaixando 4 segundos a súa marca e 7º posto no 50 libres. Edgar Ballester (+30), mostrou un nivel brutal ao rebaixar todas as súas marcas. Un gran 100 bolboreta, baixando 5 segundos acabando 14º e un excepcional 50 libres no que acabou 8º. Emilio Beltrán (+45) tamén mellorou as súas marcas, terminou 9º en 100 bolboreta e unha meritoria 6ª praza no 50 libres .

CN Monforte open de inverno natación masters / CN Monforte

En canto ás substitucións, máis nada que boas palabras para o encomiable esforzo e grandes resultados no 4×50 libres (+80) e 4×50 estilos (+80) no que os seus compoñentes, os anteriormente citados Ismael, Pablo, David e Juan, fixéronse coa 3ª e 4ª praza respectivamente, mellorando en ambas as probas a mellor marca galega da súa categoría.

Falando da clasificación xeral, o CN Monforte terminou na 27ª posición na categoría masculina de 161 clubs participantes, demostrando a gran aposta que fixo a xunta directiva e a dirección técnica por esta sección.

ÚLTIMAS

Compromiso da Xunta para recuperar patrimonio cultural da Ribeira Sacra

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª da Carmen Martínez, referendou o compromiso da...

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro...

O BNG denuncia incumprimentos cos viticultores da Ribeira Sacra

O BNG considera necesario que nesta vendima de 2024 as axudas cheguen directamente ás...

Experiencia INCIBE aberta ao público no pabillón do IES A Pinguela, os días 4 e 5 de outubro

Con esta actividade, o Instituto Nacional de Ciberseguridade pretende acercar ó alumnado do IES...