HomeDeportesÚltimos días para inscribirse na ‘V Carreira de Sarria Vivas e Visibles’

Últimos días para inscribirse na ‘V Carreira de Sarria Vivas e Visibles’

A tradicional actividade deportiva que impulsa o concello co gallo do 8M terá lugar o vindeiro 12 de marzo ás 18:00 h. e constará dúas modalidades: carreira e andaina. O día 9 será o derradeiro día para anotarse.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A carreira ‘Vivas e Visibles’ naceu en Sarria para reivindicar o papel da muller aproveitando a data do 8M, ‘Día internacional da Muller’. Este ano chega á súa quinta edición, van xa polas 130 inscricións na carreira e as 204 na andaina, e o derradeiro día para formalizar a participación é o vindeiro 9 de marzo. Para anotarse hai que entrar na web habilitada pola organización, https://sarriacorre.com/es/web/evento/2281/, e a inscrición dá dereito a participar, a ser beneficiario dun seguro de responsabilidade civil e accidentes, así como tamén a usar outros servizos que haxa para a proba. Os 300 primeiros inscritos terán tamén unha camiseta coa imaxe do evento.

Non hai cota de inscrición nin custe algún de alugueiro de chip para aquelas ou aqueles que non dispoñan del, un chip necesario para participar pois fai posible que se poida cronometrar aos participantes.

PERCORRIDO E CATEGORÍAS

A proba será en circuíto de asfalto e sendeiros de terra, mesturando zona urbana con natureza nunha volta de 5 quilómetros con apenas desnivel. A Saída será do bulevar de Calvo Sotelo, á altura de Catro Camiños con dirección a Samos para despois xirar á dereita pola Rúa Castelao e no cuartel da Garda Civil seguir cara a Ponte das Aceas e volver pola zona do campo de Fútbol ata a estrada de Monforte. Neste punto, de novo dirección á Rúa Castelao pasando polo pavillón de baloncesto, a piscina e cruzando a zona do Hotel. A meta estará no Malecón.

A entrega de dorsais terá lugar no Malecón do río Sarria de 16:00 a 17:30 h. e haberá trofeos para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres da carreira e medalla tamén para as tres e os tres primeiras/os na categoría de andaina.

CATEGORÍAS DA CARREIRA

JUNIOR: de 12 a 15 anos

PROMESA: de 16 a 19

SENIOR: de 20 a 34

MASTER 1: de 35 a 44

MASTER 2: 45 a 54

MASTER 3: de 55 a 64

MASTER 4: de 65 en adiante

Organiza o evento o Concello de Sarria coa colaboración de Multisports Galicia, S.L. As bases completas para a participación están na páxina web do propio concello.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...