HomeDeportesO equipo senior do C.V. Ribeira Sacra proclámase campión de Liga

O equipo senior do C.V. Ribeira Sacra proclámase campión de Liga

O equipo Senior segunda división do C.V. Ribeira Sacra despois de xogar o último partido de liga este domingo proclamouse campión de Liga con ningún partido perdido e soamente cedendo un set ante Cambados o seu rival mais directo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Un equipo que naceu este ano co único obxectivo de gozar do voleibol sen importar resultados abrindo as portas a todas as persoas maiores de 18 anos que quixesen gozar xogando a volei, deunos unha gran sorpresa cando ao longo da liga mantíñase invicto partido tras partido, agora mesmo as xogadoras xa teñen a espiral no corpo e soñan co ascenso a Primeira División, oxalá o consigan demostraron un gran xogo durante toda a tempada,” sinalan desde o Club.

Antes de empezar a Segunda Fase clasificatoria para o Campionato Galego o club repasa a tempada. As Alevíns xunto á súa adestradora, Noelia López, quedan 4 en Liga Regular e a falta de xogar os cruces loitarán por unha praza no Campionato Galego, igual clasificación teñen as Cadetes, as xogadoras de Yoraxy Melán, quedando nun 4 posto da liga e loitarán ante Pontevedra polo pase ao Campionato Galego, tamén as xuvenís nun 5 posto teñen posibilidades de clasificarse para o devandito campionato.

As xogadoras Infantís de Laida Alvarado continúan cos cruces da segunda fase para manterse en Primeira división, e tamén as cadetes de Terceira división que tamén as adestra Laida e que fixeron unha moi boa primeira fase de Liga están preparándose para o ascenso a Segunda División e así recuperar a categoría que hai algúns anos perdérase.

O C.V. Ribeira Sacra desexa a mellor das sortes nesta segunda Fase de Liga para clasificarse para os Campionatos Galegos e lembran que sempre por encima de gañar ou perder o máis importante é o goce deste deporte.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...