HomeDeportesO día 10 o Club Korbis organiza a fase final do Campionato...

O día 10 o Club Korbis organiza a fase final do Campionato Galego infantil feminino

O sábado celébrase o infantil masculino en San Sadurniño, nos dous campionatos participan os equipos do Korbis como vixentes campións da liga regular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Korbis foi designado pola Federación Galega de Voleibol como organizador da fase final do Campionato Galego de Voleibol na categoría Infantil Feminino. A cita será este domingo, 10 de xuño, no pavillón da Pinguela. Pola mañá disp´útanse as semifinais que enfrontan ao Club Korbis co Xuvenil Teis de Pontevedra ás 10.00 h e a Calasancias da Coruña co Voleibol Rianxo ás 12.00 h. Pola tarde celebrarase, ás 17.00 h, o encontro polo terceiro e cuarto posto entre os perdedores das semifinais e a gran final ás 19.00 h.

O sábado dispútase en San Sadurniño o Campionato Galego da categoría masculina, onde o Club Korbis tamén está representado. Os horarios son os mesmos e a primeira semifinal a disputa o Korbis contra Club Voleibol Vigo e a continuación será o anfitrión San Sadurniño contra O Club Boiro Voleibol.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...