InicioDeportesCatro medallas para os equipos do IES A Pinguela no Campionato Galego...

Catro medallas para os equipos do IES A Pinguela no Campionato Galego de Orientación a pé

Espectacular resultado para os 4 equipos que se clasificaran na fase provincial celebrada en Lugo semanas atrás. Os resultados acadados en Santiago clasifican ao IES A Pinguela para o Campionato de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado sábado, 23 de abril, tivo lugar no Monte Gaiás de Santiago de Compostela o ‘Campionato Galego Escolar de Orientación a pé’. Houbo 6 percorridos diferentes: infantil masculino e feminino, cadete feminino e masculino, e xuvenil feminino e masculino. Nesta última modalidade só para aquelas/es deportistas que estivesen federadas/os.

Os 4 equipos do IES A Pinguela de Monforte de Lemos que se clasificaran na fase provincial celebrada en Lugo para participar na fase galega tiveron uns grandes resultados: Campioas galegas en cadete feminino e infantil feminino, subcampións en infantil masculino e terceiros en cadete masculino.

Nun momento da competición na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Foto: IES A Pinguela.

Estes 2 ouros, unha prata e un bronce clasifican ao IES A Pinguela para o Campionato de España, que se celebrará en Extremadura. Dende a dirección do centro felicitan a todas e todos os participantes polo triunfo, en especial aos dous equipos femininos que representarán a Galicia  no Campionato de España de Orientación a Pé de Cáceres.

As expectativas para esa vindeira cita nacional son moi boas pois, segundo refiren fontes do centro de ensino, “os dous equipos femininos que irán a Cáceres ata agora non atoparon rival en ningún dos campionatos nos que participaron, o que nos augura un gran resultado tamén na fase nacional”.

Equipo Infantil Feminino. Foto: IES A Pinguela.
Equipo Cadete Feminino. Foto: IES A Pinguela.
Equipo Infantil Masculino. Foto: IES A Pinguela.
Equipo Cadete Masculino. Foto: IES A Pinguela.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...