HomeDeportesFin de semana do CB Val de Lemos

Fin de semana do CB Val de Lemos

Infantil, Benxamín e Senior do CB Val de Lemos gañan os seus encontros desta fin semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

INFANTIL: CB VAL DE LEMOS 59 – 33 DEPORDIMA, partido de volta da final polo título de liga provincial. Os monfortinos traían unha renta de trece puntos do partido de ida, pero encaraban desconfiados o partido porque sabían do bo nivel dos ourensáns. Así, os dous primeiros cuartos a igualdade no marcador foi a tónica dominante.
O paso polos vestiarios sentoulle mellor ós pupilos e pupilas de Marga, que calmaron os nervios, e grazas a unha gran intensidade defensiva, abriron brecha no marcador, o que permitiu ter un final de partido máis tranquilo.
Agora chega a fase de ascenso, pero pase o que pase, a tempada deste equipo infantil xa é excelente.

BENXAMÍN: CB VAL DE LEMOS 50 – 0 BLANCO AMOR, bo partido do equipo de Sobrino, que segue a medrar no bo xogo o que o fai subir postos na clasificación. Nestas categorías, ó acadar unha diferencia de 50 puntos péchase acta do partido, o cal non quere dicir que o rival non anote puntos.

ALEVÍN: CB VAL DE LEMOS 31 – 45 DEPORDIMA, bo partido do equipo de Verónica Arias, que competiu ata o final ante un rival físicamente moi superior.

SENIOR IMPRENTA 55 – 61 ABRENTE VAL DE LEMOS, último partido de liga para o equipo senior que dirixe Sanchino, e unha nova victoria nun partido que comezou equilibrado, pero no que a suba intensidade no terceiro cuarto dos monfortinos lle permitiu coller unha ventaxa que resultaría decisiva para levar o triunfo e asegurar o segundo posto da clasificación nesta segunda fase.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...