HomeDeportesFin de semana do C.B. Val de Lemos

Fin de semana do C.B. Val de Lemos

Triunfo de todas as categorías cos benxamíns que quedan terceiros na liga e agora prepararán a Copa Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

BENXAMÍN: Blanco Amor 21 – 67 CB Val de Lemos, tras un comezo frío de partido, os rapaces e rapazas do equipo benxamín foron entonándose para rematar levando un cómodo triunfo, no que foi o derradeiro partido dunha liga na que o equipo acadou un moi meritorio terceiro posto, demostrando unha gran evolución. Agora tocaralles preparar a Copa Deputación.

ALEVÍN: CB Val de Lemos 39 – 35 Barco, gran partido o que se viviu o sábado no pavillón do Río Cabe, no que o equipo dirixido por Verónica Arias acadou un meritorio triunfo ante o que ata esta xornada era o líder. Os xogadores e xogadoras comezaron con enerxía tanto no ataque coma na defensa, o que lles permitiu coller ventaxa no marcador. Pese ao arreón final dos visitantes, un triple nos intres finais aseguraba a victoria para o equipo monfortino.

CADETE: CB Val de Lemos 57 – 32 Verín, moi bo partido do equipo de categoría cadete, no que era a estrea na Copa Deputación. A gran defensa e o bo acerto de cara ó aro foron determinantes para que a victoria quedara en Monforte.

SENIOR: Abrente Val de Lemos 77 – 71 Xinzo, primeiro partido de Copa Deputación para o equipo senior, que tivo que empregarse a fondo para vencer ós da Limia nun encontro con moitas alternativas no marcador. Pese a entrar nos últimos minutos en desventaxa no marcador, o equipo apretou na defensa e estivo atinado de cara ó aro rival para acadar unha gran victoria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...