InicioDeportesPrograma deportivo de verán en Monforte: máis prazas e tenis como novidade

Programa deportivo de verán en Monforte: máis prazas e tenis como novidade

Vén de presentarse o 'Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte 2022' coas seguintes actividades: Campamento de verán, XVI Campus de Fútbol Cidade de Monforte–Real Club Celta de Vigo, cursos de natación na Piscina climatizada municipal e curso de tenis que entra por primeira vez na oferta deportiva municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destacou na presentación do sábado 14 de maio, que “dende o Concello, fixemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 814 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos que dende o Concello puxemos en marcha para as actividades de verán e que supoñen un incremento do 32% con respecto a 2021 (616), con 198 prazas máis ofertadas”.

Tal como indicou tamén, o obxectivo deste amplo programa de actividades deportivas é facilitar a conciliación das familias nas vacacións escolares e que os nenos e nenas fagan o que máis lles guste.

O Campamento de Verán, actividade central e xa un clásico xa para as e os monfortinos, este ano terá tres quendas que se desenvolverán entre o 1 de xullo e o 12 de agosto, cun total de 30 días de actividade. En anos anteriores establecíanse 2 quincenas durante o mes de xullo, con 20 días de actividade.

Con este aumento de días os campamentos deportivos ofertarán ata un máximo de 360 prazas, 72 prazas máis que en 2021, que foron 288, o que supón un 25% máis.

PARTICIPACION E INSCRICIÓNS

Nos campamentos poderán participar nenos e nenas de entre os 5 e os 12 anos de idade, que poderán realizar a preinscrición de xeito telemático a través da páxina web do Concello, a partir do luns 23 de maio.

Das prazas ofertadas por quenda, o Concello reserva 6 prazas para persoas con discapacidade superior ou igual ao 33%, 2 máis que o ano pasado; e 8 prazas que se poñen a disposición dos Servizos Sociais do Concello de Monforte.

OUTRAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS

O XVI Campus de Fútbol Cidade De Monforte-R.C. Celta De Vigo.

Celebrarase na primeira semana do mes de agosto, entre os días 1 e 5, ofertando 100 prazas, que son 28 máis que en 2021.

Cursos de natación na Piscina climatizada municipal

Esta actividade entrou no programa en 2021 e este ano contará cun total de 300 prazas, fronte ás 256 ofertadas en 2021.

Cursos de tenis

Esta actividade deportiva será a gran novidade para este ano, ano no que está irrompendo unha nova figura do tenis estatal e camiño xa de estrela a nivel internacional, Carlos Alcaraz.

Os cursos de tenis desenvolveranse entre o 1 e o 12 de agosto, cun total de 54 prazas, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...