HomeDeportesDeportistas do Neka exhiben Taekwondo de Campionato do Mundo no Pazo...

Deportistas do Neka exhiben Taekwondo de Campionato do Mundo no Pazo de San Marcos

Os deportistas do Neka Monforte que veñen de participar no Campionato do Mundo de Corea pecharon a semana cunha exhibición nos xardíns do Pazo de San Marcos, durante un acto de recepción e recoñecemento impulsado pola Vicepresidencia da Deputación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Laura Álvarez, Daniel Areán, Aitor Teijeiro, Lucía Roca, Marco García, Karla Novo, Álex Camba e Carlos Rey, acompañados polo adestrador, José María Vega, fixeron unha demostración da orde, calidade técnica, precisión e velocidade que require a práctica desta disciplina deportiva e que fixeron valer no torneo mundial celebrado do 24 ao 29 de abril.

O deputado de Deportes, Efrén Castro, felicitou “ao club monfortino polo éxito deportivo, que supón un reforzo para o traballo que veñen realizando” e explicou que “propuxémoslles aproveitar a ocasión para realizar esta exhibición para dar visibilidade a este deporte e facer partícipe ao público dos logros acadados en Corea”.

O responsable provincial subliñou “a importancia de reforzar socialmente estas disciplinas para que os rapaces e rapazas que queiran practicar deporte valoren diferentes opcións e elixan as que máis se axusten aos seus intereses”.

Resultados do Neka Monforte no Campionato Mundial

Laura Álvarez e Daniel Areán lograron a medalla de bronce do campionato mundial na categoría parella junior. Aitor Teijeiro e Lucía Roca foron sextos do mundo na categoría parella cadete. Marco García logrou unha quinta praza na modalidade de trío junior, na que formou equipo co propio Daniel Areán e cun taekwondista murciano.

Karla Novo logrou a novena praza en trío junior, xunto a sadense Yaiza Velo e unha deportista de Málaga. Álex Camba e Carlos Rey, que quedaron ás portas das rondas finais, son os actuais campións de Europa na categoría trío senior.

Taekwondo Neka / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...