HomeDeportesA Maratón Urbana de Special Olympics xuntou a 150 participantes en Sober

A Maratón Urbana de Special Olympics xuntou a 150 participantes en Sober

Máis de 150 participantes de 14 entidades de toda Galicia achegáronse a Sober para competir nesta proba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, deron a benvida aos participantes na Maratón Urbana de Special Olympics que se celebrou este domingo no concello de Sober.

A actividade forma parte do programa deportivo que, anualmente, leva a cabo a entidade galega para promover a práctica deportiva entre as persoas con capacidades diferentes e ao que a Deputación de Lugo achega 10.000€.

O mandatario provincial apuntou que “o deporte representa valores como o esforzo, a constancia, a vontade de superación, o compañeirismo e o respecto aos demais, e poucas organizacións traballan mellor arredor destes valores que Special Olympics. Un traballo co que concordan plenamente as políticas sociais que desenvolvemos dende a Deputación, para dar visibilidade e para mellorar a calidade de vida e a integración a todos os niveis das persoas con discapacidade”.

“A familia de Special Olympics pon todos os medios para que a sociedade avance máis rápido, con máis forza e máis lonxe polo camiño da inclusión, do respecto e da igualdade. Uns obxectivos que nos fan a todos e todas mellores e máis fortes como sociedade”, subliñou o Presidente.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...