HomeDeportesActividades de montañismo no CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel

Actividades de montañismo no CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel

O Club de Montañeiros Celtas, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel, realizou este pasado luns e realizará hoxe martes varias actividades arredor da orientación na montaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A axenda deu comezo coa presentación e explicación das actividades de orientación a cargo do Club de Montañeiros Celtas, e ás 11:00 horas os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primara do CPI Poeta Uxío Novoneyra fixeron una marcha de orientación na aldea de Parada.

Ao remate desta actividade houbo un relatorio sobre a ‘Ascensión ao Annapurna (8091m)-Himalaia’, a cargo de Sechu López e dirixida a alumnado de Secundaria. Este montañista foi o primeiro galego en subir a este monte, considerado un dos máis difíciles do mundo.

Ao rematar a primeira xornada, a alcaldesa Lola Castro fíxolles entrega dunha braga deportiva para o pescozo aos nenos e nenas participantes.

Entrega de agasallos. Foto: Prensa Concello Folgoso do Courel

A axenda retómase hoxe, 14 de xuño, ás 11:00 horas cunha marcha de orientación na aldea de Moreda para alumnos e alumnas de Secundaria.

Desde o Concello de Folgoso trasladan o seu agradecemento ao Club de Montañeiros Celtas por achegar a súa experiencia ao alumnado.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...