Deporte e lecer activo para os meses de xullo e agosto en Sarria

O Concello de Sarria vén presenta unha ampla variedade de actividades orientadas á cativada, mocidade e público adulto para favorecer a conciliación e fomentar o deporte e o lecer activo.

Piscina climatizada municipal de Sarria. Foto: F.S.

Ademais do servizo de conciliación, veñen de presentar o tradicional campamento de actividades deportivas e de lecer, este ano se cabe máis completo aínda e grazas ao traballo da Concellería de Deportes do Concello de Sarria.

Por unha banda, volven os cursos de natación de verán que se desenvolverán en diferentes horarios e por quincenas os meses de xullo e agosto. Haberá varios niveis: aprendizaxe, iniciación e perfeccionamento en quendas de 12:00 a 13:30 h. e niveis especiais de iniciación para menores de 4 anos e adultos en horario de 13:30 a 14:00 h.

O prezo de inscrición por quincena e quenda é de 13,34 euros, con desconto a partires do segundo irmán por 8,89 euros. No caso de inscribirse un mes o prezo será de 26,61 euros e co desconto por segundo irmán 17,94 euros. Para información e inscricións acudir á propia piscina climatizada a partir do 21 de xuño que comeza o prazo para anotarse.

Este ano tamén se presenta a opción de practicar actividades para fortalecer a saúde ao aire libre. Ofrécese ioga –de 10:00 a 10:45 h.– e ximnasia de mantemento –de 11:00 a 11:45 h–. Realizaranse nos exteriores do Centro Deportivo e de Saúde (piscina climatizada) e as inscricións, neste caso, faranse a partir desde 17 de xuño.

E no que respecta ao campamento urbano ‘Aventura no Camiño 2.0’, este contará coas actividades deportivas do ano pasado: acuáticas, como kaiak ou paddle surf; de aventura como: sendeirismo, tiro con arco, orientación, slackline, etc. Como novidade este verán súmanse outras que se realizarán na aula Cemit. Estas actividades son Minecraft, informática e robótica. Campamentos a realizar en horario de 9:30 a 14:00 h.  e para cativada, mozas e mozos de entre 5 e 17 anos. As inscricións pódense facer desde o 16 de xuño por sede electrónica ou rexistro.

Acceso directo ás SOLICITUDES e ás BASES:

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here