HomeDeportes9 medallas e un 2º posto por equipos para o Quixós

9 medallas e un 2º posto por equipos para o Quixós

Balance máis que satisfactorio tras competir no Rosal este pasado domingo na Copa Galega Promoción Slalom.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club monfortino de piragüismo Quixós achegouse ao Rosal este pasado domindo, 10 de xullo, para participar nunha nova proba da Copa Galega Promoción Slalom.

A expedición, conformada por padeeiras e padeeiros das categorías inferiores do club, volveu de terras pontevedresas con 9 medallas individuais, tras colocar no podium a outras/os tantos deportistas, e 1 medalla por equipos ao acadar o 2º posto na clasificación xeral.

Cómpre destacar tamén que nesta ocasión competiron algúns rapaces e algunhas rapazas por primeira vez. Trátase, loxicamente, de ir incorporando á competición a máis deportistas que van alcanzando un nivel óptimo para que vaian collendo práctica na dinámica competitiva.

AS MEDALLAS

Nesta ocasión subiron ao podium as/os seguintes deportistas do Club Quixós:

Sara Inés Varela acadou un ouro en K-1 e unha prata en C-1 infantil; Edgar Álvarez tamén volveu a Monforte con dous metais, un ouro en K-1 e unha prata en C-1 alevín; Abril Fernández foi primeira en K-1 prebenxamín; Mateo Valladares acadou outro ouro na categoría de K-1 prebenxamín; Martín Prats foi prata en K-1 infantil; e para rematar, na categoría de K-1 benxamín dous padeeiros do club alcanzaron o podium, Xoel Fernández foi ouro e Antón Liñares bronce.

Por equipos, o Quixós quedou na segunda posición detrás do Tea Mondariz.

Foto de familia cos deportistas e algúns irmáns. Foto: XMF

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...