HomeDeportes13 medallas e 2º posto por equipos do Quixós xogando na casa

13 medallas e 2º posto por equipos do Quixós xogando na casa

Foi este pasado domingo, 24 de xullo, tras unha competición da Liga Galega Promoción Slalom que se disputaba en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O río Cabe, no tramo que pasa polo Paseo do Malecón antes do Bar Anchoas, foi o escenario da 4º proba da Liga Galega Promoción Slalom.

O Club monfortino Quixós participaba como anfitrión e subiu 13 padeeiros e padeeiras ao podium acadando o 2º posto por equipos detrás do Club Tea Mondariz, gañador da proba que disputaban 6 clubes de piragüismo de Galicia.

MEDALLEIRO

Mateo Valladares: foi ouro en K-1 Prebenxamín.

Abril Fernández: ouro en K-1 Benxamín.

Sara Inés Varela: ouro en K-1 e C-1 Infantil.

Martín Prats: ouro en K-1 e bronce en C-1 Infantil.

Xoel Fernández Méndez: ouro en K-1 Benxamín.

Antón Liñares: prata en K-1 Benxamín.

África: bronce en K-1 e C-1 Alevín.

Edgar Álvarez: ouro en K-1 e C-1 Alevín.

Diego: bronce en K-1 Infantil.

Medalla de prata por equipos. Foto: Marga M.

O Club Quixós acadou a medalla de prata tras quedar segundo na clasificación final por equipos.

Na entrega dos metais estiveron presentes, ademais de Iván Gutiérrez, presidente do Club anfitrión, o concelleiro de deportes, José Manuel Mougán, e a tenente de Alcalde, Gloria Prada.

ÚLTIMAS

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...