HomeDeportesClausura do IX Campus de Voleibol Ribeira Sacra-Monforte

Clausura do IX Campus de Voleibol Ribeira Sacra-Monforte

No Campus participaron un total de 44 nenos e nenas monfortinos, con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e polo concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, foi o encargado de clausurar a novena edición do Campus de Voleibol Ribeira Sacra-Monforte.

Este campus, que se integra dentro do programa de actividades deportivas de verán organizado polo Concello de Monforte, foi desenvolto polo Club Voleibol Ribeira Sacra no polideportivo municipal de A Pinguela ó longo desta semana, entre o 22 e o 26 de agosto.

Na clausura cada neno e nena recibiu unha camiseta conmemorativa e unha medalla pola súa participación nesta actividade deportiva. No videomarcador deportivo do pavillón municipal proxectouse un vídeo resumo do desenvolvemento desta 9ª edición do Campus de voleibol.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...