InicioDeportesA A.C. O Carballo inaugura en Taboada o sector de escalada ‘Pena...

A A.C. O Carballo inaugura en Taboada o sector de escalada ‘Pena de Núñez’

Preto de medio cento de persoas de diferentes partes de Galicia, así como de Barcelona, Bilbao ou mesmo Suíza participaron do acto inaugural desta fin de semana. Asistiron tamén o alcalde de Taboada e o xerente do GDR Miño-Ulla, representantes da Federación Galega de Alta Montaña e deportistas pertencentes á Selección Galega de Escalada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta fin de semana a Asociación Cultural O Carballo de Taboada inaugurou oficialmente o sector de escalada ‘Pena de Núñez’, no monte do San Cristovo no termo municipal de Taboada.

Despois de realizar un cuestionario, os participantes acharon que os graos de dificultade das vías de escalada abertas oscilan entre o V e o 6A+, nunha rocha de cuarcita cun ambiente moi alpino, óptimo para a práctica deste deporte.

Taboada Sector de escalada / Asociación cultural O Carballo

A A.C. ofreceu, ademais, un xantar de balde para os participantes con produtos da contorna. Pola tarde, aqueles membros máis experimentados axudaron aos máis novatos -algúns dos cales nunca practicaran este deporte- a ascender por algunha das vías do Castelo Grande, que é o nome popular que recibe o penedo acondicionado.

A paraxe, próxima á N-540, conta cun acceso fácil e fica ao dispor de todos aqueles que queiran gozar deste deporte. O Carballo ofrece o número de teléfono 657 721 838 para quen precise máis información do novo sector.

Por outra banda a A.C. O Carballo organiza a IX Carreira Popular ‘Entre Pazos e Carballos’ que se celebrará o 3 de setembro, cuxo prazo de inscrición finaliza o 31 de agosto.

Este ano o novo trazado que atravesa lugares de interese como a aldea de Relás, co seu pazo, ou a área recretiva da Medela, cunha distancia de case 10000 metros na categoría absoluta. Haberá degustación de produtos da zona e un agasallo ecolóxico para todos os participantes, que se estiman serán arredor de 200. A inscrición pode realizarse en Championchip Norte e o trazado ser consultado en Strava, nas ligazóns dispoñíbeis nas redes sociais da Asociación.

Taboada Sector de escalada / Asociación cultural O Carballo

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...