HomeDeportesSarria apúntase tamén ao fomento do billar

Sarria apúntase tamén ao fomento do billar

O pasado mes de agosto nacía oficialmente o ‘Club de Billar Snooker Sarria’, un proxecto deportivo para todas as idades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Juan Pedro Durán, coñecido como ‘Gussy’ e que xa entrevistamos tempo atrás en Xornal de Lemos, é un dos artífices e presidente do Club de Billar Snooker Sarria, unha nova iniciativa deportiva que conta tamén co apoio do Concello de Sarria.

O proxecto ten como obxectivo promover o billar en diferentes modalidades, centrándose polo de agora no Snooker e no Pool americano. A antiga Feculera acolle este novo club que conta con dúas mesas de billar profesionais, unha delas de snooker –só hai tres iguais en toda Galicia–.

Mesa de Pool Americano e Mesa de Snooker (fondo). Foto: Concello de Sarria.

Segundo sabemos por Gussy, este club será anfitrión na celebración das fases previas da Liga Nacional de Snooker. Acollerá unha fase inicial na que xogadores de toda Galicia virán competir a Sarria co obxectivo de seguir nas seguintes roldas desta liga nacional.

O martes 30 de agosto comezaron unhas xornadas de portas abertas para que calquera veciño/a ou interesado/a se achegue a coñecer as instalacións e interesarse para asistir a clases ou cursos que organizarán ao longo do ano. Este xoves 1 de setembro é o último día sendo o horario de 17:00 a 20:00 h.

ÚLTIMAS

O 19 de xullo comeza o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra cunha nova ruta desde Chantada

O servizo de lanzadeiras que pon en marcha o Consorcio de Turismo da Ribeira...

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de...

Sarria celebra desde este 14 de xullo ata o día 20 a IV edición do Ultreia e Suseia

Sarria acolle desde este luns e ata o 20 de xullo unha nova edición...