HomeDeportesTaboada-Taboada, 2ª etapa da XX Volta a Galicia

Taboada-Taboada, 2ª etapa da XX Volta a Galicia

As comarcas de Chantada, A Ulloa, Lemos e Sarria disfrutaron este venres do paso da proba ciclista patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 16 de setembro tivo lugar a 2ª etapa da XX Volta Ciclista a Galicia, a máis longa de todas e cun percorrido que tivo a localidade de Taboada como punto de saída e como liña de meta.

O deputado de Deportes Efrén Castro, que participou no corte de cinta protocolario inicial e que seguiu a carreira, comentou en declaracións a Emesports TV antes da súa saída que os ciclistas ían atopar “unhas paisaxes e un territorio excepcional pero tamén unha etapa moi dura, a etapa máis longa da Volta con territorios sen grandes portos pero un percorrido rompepernas e cunha subida final aos Peares que aparte dunha paisaxe icónica vai marcar a etapa que vai ser moi dura pero tamén moi divertida para eles”.

Castro tamén referiu o “bo ambiente ao paso dos corredores” e lembrou que “desde a Vicepresidencia da Deputación apostamos por todos os deportes e o ciclismo ten un oco especial porque aúna como poucos esa promoción do territorio, promoción turística, e o espectáculo do esforzo deportivo. E polo tanto, para nós é unha aposta constante que vai permanecer e que ademais ten moita afección tanto na provincia de Lugo como no país”.

O mexicano Edgar Cadena proclamouse campión da proba, que se decidiu na última subida cara a Taboada tras un percorrido de 163 quilómetros e que pasou por estradas dos concellos de Monterroso, Portomarín, Paradela, Sarria, O Incio, Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao e Chantada. Ademais de distinguir o campión de etapa, na entrega de premios, Efrén Castro entregou o maillot ao mellor galego da xeral a Manuel Rodríguez, do Froiz.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 10.000 euros para a organización desta etapa lucense da Volta a Galicia.

18 EQUIPOS, 10 GALEGOS

Esta proba é un escaparate para ciclistas das categorías Elite e Sub 23, que preparan o salto ao ciclismo profesional. Nesta vixésima edición, participan 18 equipos, entre eles o Eolo Kometa, que conta con algúns dos corredores máis destacados destas categorías.

Entre os 10 equipos galegos que compiten na Volta destaca a presenza do Cidade de Lugo, con tres corredores da provincia:  Pablo Vázquez Pérez e Juan José Prado Neira, de Lugo, e David Pollán Díaz, de Castro de Rei. O cuarto lucense do pelotón é o monfortino Estefan González Expósito, nas filas do Retelec.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...