HomeDeportesAccidente que deixa fóra do Dakar a Eduardo Iglesias

Accidente que deixa fóra do Dakar a Eduardo Iglesias

Unha aparatosa caída na prólogo do pasado sábado déixao fóra da competición este ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 31 de decembro de 2022, día no que tivo lugar a proba previa á primeira etapa do Dakar 2023, será unha data que non esquecerá Eduardo Iglesias.

O piloto monfortino, que chegaba a Arabia Saudita con moitas ganas e boas expectativas pola súa progresión nesta competición, sufríu un accidente que o deixaba fóra da competición máis dura do mundo na súa categoría de rallys.

A noticia chegaba polas redes sociais e despois tamén por algún medio de prensa provocando loxicamente o interese preferente pola súa saúde. En pricipio e, para non alarmar, comentaba o seu equipo que non era grave e que “estaba sendo atendido polos servizos médicos da organización”.

MENSAXE DE EDUARDO IGLESIAS

Este pasado domingo, 1 de xaneiro de 2023, o propio Edu Iglesias mandou unha mensaxe polas redes sociais. Confirmaba que estaba fóra de carreira, que rompera as dúas clavículas e dicía que o sentía moito. “Estou moi desgustado e isto está sendo moi difícil de dixerir”, comentaba tamén ao tempo que e desculpaba por non poder contestar a todas as mensaxes. Como remate do seu breve comunicado daba as grazas polos ánimos recibidos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...