HomeDeportes250 participantes cítanse co Enduro esta fin de semana en Pantón

250 participantes cítanse co Enduro esta fin de semana en Pantón

O concello de Pantón acolle esta fin de semana a testemuña das motos, despois dunha fin de semana de infarto no Campionato de España de motocrós celebrado en Lugo. Pantón e toda a provincia serán centro de atención do motociclismo OffRoad coa proba da Copa de España de TT clásico e Trofeo Café Candeas da liga da moto de campo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cun total de 245 participantes, cifras que superan o número de rexistrados da primeira edición, Pantón engalánase para recibir a esta marea de pilotos e afeccionados. O sábado 4 comezan as probas ás 11:30h coa saída das TT CLÁSICAS desde a praza do Concello cara ao alto de GuÍtara onde realizarán as tres especiais que a organización lles ten marcadas para a ocasión, unha delas é a proba especial de velocidade. Ás 12:00h comezará o mini enduro, neste caso o punto de inicio será no alto de Guítara. A duración da mesma será de 5 horas.

O domingo día 5 repiten os pilotos de Clásicas, esta vez acompañados cos mellores pilotos Galegos, Asturianos, Portugueses, Leoneses,… unha grella de 223 motos que farán as delicias dos presentes.

Os puntos de interese para o espectador son: Praza do concello, hora de saída 11:30h. Alto de Guítara, 12:00h ata as 16:00h. A entrega de premios será ás 17:00 na praza de Concello. 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...