HomeDeportesÚltimos preparativos da Subida a Chantada que se celebra do 14 ao...

Últimos preparativos da Subida a Chantada que se celebra do 14 ao 16 de xullo

A subdelegada do Goberno presidiu, xunto ao alcalde, a Xunta de Seguridade desta proba. A xuntanza celebrouse na mañá deste luns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 49 edición da Subida a Chantada desenvolverase do 14 ao 16 de xullo. Isabel Rodríguez asegura que a Subdelegación do Goberno colabora coa organización na seguridade da carreira, para o que esta fin de semana farán un esforzo especial tanto os axentes da Garda Civil como os do subsector de Tráfico. No dispositivo, os axentes despregaranse polo percorrido da proba e nas estradas próximas á mesma, velando pola seguridade de competidores e dos máis de 5.000 afeccionados que se achegarán a Chantada para ver a competición.

A subdelegada do Goberno destacou o gran traballo durante estes anos da Escudaría Chantada, que preside Alfonso Viana, e pediulle a todos os afeccionados e deportistas que extremen as precaucións, respectando as normas de seguridade marcadas pola organización. A Subida a Chantada conta cun itinerario de 4,1 quilómetros, que vai dende a carreteira de Lalín ata a de Gudiña, pasando pola Ponte Vella e a confluencia co camiño de Chantada e Monforte de Lemos.

Isabel Rodríguez puxo en valor a importancia desta proba, que vale para o Campionato de España de Montaña. Felicitou os seus valores deportivos e o escaparate que supón para a promoción de Chantada e a Ribeira Sacra. Este ano, a Subida a Chantada contará coa participación de preto de 50 escudarías e máis de 80 pilotos de dentro e fóra de España, entre os que destacan nomes como o italiano líder do Campionato de Europa de Montaña, Christian Merli;  o alemán, Alexander Hin e o español, Joseba Iraola. 

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...