HomeDeportesO Quixós, campión por equipos ‘xogando na casa’

O Quixós, campión por equipos ‘xogando na casa’

Quedaron primeiros por equipos no Trofeo Concello de Monforte que tivo lugar este 22 de xullo no río Cabe ao seu paso polo Malecón. A nivel individual os deportistas do club acadaron 11 medallas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As promesas máis novas do Club Quixós empregráronse a fondo na proba desta mañá en Monforte, 5ª Competición Galega de Promoción de Slalom, e o traballo deu os seus froitos pois 12 medallas quedaron na cidade do Cabe, 11 a nivel individual e 1 por equipos.

Con esta victoria o Quixós lidera a liga galega a falta de 3 probas para que remate.

Podium por equipos / XdL

RESULTADOS POR CATEGORÍAS

Varios deportistas do club acadaron dúas medallas. En categoría alevín, Xoel Fernández foi ouro en C-1 e prata en K-1 e Lucas Pavón bronce en C-1 e K-1. En infantil, Martín Prats e Sara Inés acadaron ouro en C-1 e K-1. En categoría benxamín, Abril Fernández e Antón Liñares levaron ouro en K-1. Finalmente, e moi salientable, o debutante Breixo Fernández, foi ouro en categoría prebenxamín.

Na entrega de medallas estiveron presentes o alcalde, José Tomé, a Tenente de Alcalde Gloria Prada, e o concelleiro de deportes, José Manuel Mougán.

Un piragüista do Quixós en acción / XdL

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...