HomeDeportes"Inauguramos un pavillón polideportivo único en Galicia na súa categoría", asegura Tomé...

“Inauguramos un pavillón polideportivo único en Galicia na súa categoría”, asegura Tomé trala reforma do Pavillón da Pinguela

A mellora do Pavillón da Pinguela tivo un orzamento de 3.708.051,62€ e foi adxudicada á UTE Construcciones Castro Figueiró S.L.U.-Xestión Ambiental de Contratas S.L. A financiación foi compartida polo Consello Superior de Deportes, que aportou o 53,52% do orzamento (1.984.462,24€) e o Concello de Monforte que aportou o 46,48% restante (1.723.589,38€).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Secretario de Estado para el Deporte e Presidente do Consello Superior de Deportes, Víctor Francos Díaz, inauguraron na tarde deste martes as obras de mellora do Pavillón Polideportivo municipal da Pinguela.

O Alcalde salientou que “hoxe é un día moi importante para a historia de Monforte porque hoxe inauguramos un pavillón polideportivo único en Galicia na súa categoría”. O pavillón dará servizo e resposta ás necesidades dos máis de 40 clubs e asociacións deportivas coas que conta o municipio, cunhas instalacións deportivas modernas, seguras e en estado óptimo de utilización.

Na intervención institucional, que tivo lugar ao pé de pista do pavillón, o rexedor monfortino subliñou que “estas obras que supoñen unha reforma integral desta instalación deportiva, dotan dende hoxe a Monforte dun pavillón polideportivo, seguro, moderno, amplo e que vai a dar resposta ás necesidades da cidade en materia deportiva”.

O Presidente do CSD, defendeu a importancia do remodelado pavillón, “como espazo para a igualdade e a defensa dos valores sociais e deportivos, un espazo que é dos clubs, dos cidadáns e dos deportistas, e a través do que poderán desenvolver unha vida saudable”.

O presidente do CSD tamén manifestou que non sería a última colaboración do CSD co concello de Monforte e anunciou, que tras conversas mantidas co Alcalde, “vamos a comezar a trabajar en novos proxectos e abrir novos camiños pata mellorar outros espazos deportivos nesta cidade”.

Por iso, José Tomé amosou o seu agradecemento tanto ó anterior presidente do CSD, José Manuel Franco, que iniciou o proceso para acadar o financiamento solicitado polo Alcalde para levar a cabo esta reforma, como tamén ó actual presidente do CSD, “que foi sensible ó proxecto e propiciou a súa consecución”.

Mellora integral do Pavillón da Pinguela

As obras de reforma do Pavillón da Pinguela deron comezo o pasado 2 de maio, e foron terminadas en tempo e forma o pasado 30 de setembro. As obras leváronse a cabo sobre unha superficie total de actuación de 3.728,23 m2 e, logo da reforma, dunha superficie útil resultante de 3.447.72 m2.

O novo pavillón conta dende hoxe cunha imaxe actual e moderna, na que se reordenan os espazos que permitiron crear un novo ximnasio de 131m2, situado a carón do vestíbulo, e un noco almacén na planta baixa, así como aumentar a zona destinada a despachos en 85 m2.

Na planta superior a instalación conta con gradas por todo o arredor da pista deportiva, para o que se ampliou a grada actual e se construíron novas gradas no lado oeste e nas dúas cabeceiras, norte sur. Isto permite pasar dun aforo de 465 persoas, da antiga instalación, a 1.198 localidades, o que posibilitará a organización de competicións de máis alto nivel. O resto de espazos, pista deportiva, vestíbulo, vestiarios, oficinas para clubs e aseos, son totalmente novos.

O exterior do edificio tamén luce unha nova imaxe, xa que se urbanizaron un total de 1.400 m2 arredor do pavillón humanizando así todo o perímetro da instalación.

A apertura do pavillón a actividades deportivas está prevista en vindeiras datas, unha vez se ultime dende a Concellería de Deportes o calendario de actividades cos diferentes clubes e asociacións deportivas.

ÚLTIMAS

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...

O Quixós volve de Portugal como subcampión galego en ‘Promesas Slalom’

Un novo éxito para o Club de piragüismo Quixós de Monforte, nesta ocasión no...