HomeDeportes100.000 euros para deportistas de modalidades individuais da Vicepresidencia da Deputación de...

100.000 euros para deportistas de modalidades individuais da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

As bolsas están destinadas a financiar gastos derivados da actividade competitiva, apoiando e fomentando a participación destes deportistas. O prazo para solicitalas remata o 12 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

Deportistas de modalidades individuais empadroados na provincia poden solicitar as  bolsas convocadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, cun investimento total de 100.000 euros. A área de Deportes distribuirá 230 bolsas destinadas a financiar gastos derivados da actividade competitiva, apoiando e fomentando a participación de deportistas de modalidades individuais en competicións.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro sinalou que “a convocatoria trata de responder sobre todo ás necesidades de deportistas en etapas de iniciación, e polo tanto de colaborar nuns gastos que atenden fundamentalmente as familias,  desde licenzas ou inscricións en competicións ata transporte ou o material deportivo”.

As bolsas, que oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, asígnanse en función dos resultados deportivos acadados en probas e campionatos en cada nivel de competición, desde campionatos provinciais ata europeos e mundiais, ao longo de 2023. 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As bases para coñecer se os/as deportistas poden ser beneficiarios/as das axudas e saber que pasos hai que seguir, xa sexa tramitando as solicitudes de forma presencial ou de forma telemática, pódese acceder á páxina web seguinte da Deputación de Lugo.

O prazo remata o vindeiro venres 12 de abril.

ÚLTIMAS

600 alumnos de oito centros  da Ribeira Sacra participan en Monforte no Correlingua

O Parque dos Condes reuniu aos mozos e mozas de colexios e institutos baixo...

Recollida de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte este 27 de maio

A recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá e...

Chantada promociónase en Festur 2024 do 30 de maio ao 2 de xuño

O Concello de Chantada participa un ano máis en Festur 2024, X Feira de...

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...