HomeDeportesMonforte acollerá un Campionato de España de Golf en maio

Monforte acollerá un Campionato de España de Golf en maio

Trátase do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, que se celebrará nas instalacións do Club Río Cabe de Monforte, os vindeiros 11 e 12 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada Rodríguez, vén de participar na presentación do XIX Campionato de España masculino de Pitch & Putt 2024, unha competición que se celebrará nas instalacións do Club Río Cabe de Monforte, os vindeiros 11 e 12 de maio.

Os detalles deste torneo foron presentados polo presidente do Club Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, e pola súa xerente, María Eugenia Graña Rosales.

Gloria Prada resaltou como “excelente noticia” a concesión por parte da Federación Española de Golf deste importante campionato a Monforte, motivo polo que agradeceu dita concesión á Federación, e agradeceu o traballo desenvolto polo Club nas xestións que fixeron posible a chegada deste campionato estatal á cidade do Cabe.

PREVISIÓNS E TRASCENDENCIA

A previsión é que a cidade reciba a presencia de 108 xogadores provintes de toda España, que virán acompañados por familiares e amigos, polo que a tenente de Alcalde destacaba que o campionato “xerará un importante impacto no noso sector hostaleiro e de restauración e será tamén unha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona, polo que sen dúbida, será un bo reclamo promocional para todo o sur da nosa provincia”.

Desexando un bo desenvolvemento deste campionato, Gloria Prada lembrou o apoio regular destes anos para as actividade do Club Río Cabe, tanto do Concello de Monforte como da Deputación de Lugo. Ademais, o Concello ten contratado co Club Río Cabe unha Escola Deportiva Municipal de Golf dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, e que se desenvolve as mañás dos sábados dende outubro a maio. Actualmente, esta escola conta con 3 grupos anotados.

XIX CAMPIONATO DE ESPAÑA MASCULINO DE PITCH & PUTT 2024

O venres día 10 será a xornada de adestramento oficial. O sábado 11 diputaranse dúas roldas de 18 ocos (“hoyos”) e na xornada do domingo unha rolda máis que decidirá quen será o Campión de España deste ano.

O campo de golf da Sociedade Deportiva Río Cabe atópase situado en Ribas Altas, en Monforte de Lemos. Este campo Pitch and Putt é practicamente plano, Ten árbores próximas ás rúas dos ocos e lagos en lugares estratéxicos para dificultar o xogo. Os bunkers non son complicados e os greens son en xeral amplos e con caídas.

O campo está situado sobre un meandro do río Cabe. Os 18 ocos (hoyos) do percorrido enmárcanse nunha paraxe natural de flora e fauna autóctona. A súa situación nos arredores de Monforte de Lemos, confírelle unha localización privilexiada: a súa situación xeográfica central en relación coa Ribeira Sacra convérteo en punto de referencia para actividades deportivas, turísticas e de lecer tanto de visitantes como da poboación propia e dos arredores.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...