HomeDeportesA Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O Concello de Taboada e a Escudería Taboada organizan a proba, que recuperaron o ano pasado tras 17 anos de parón. A proba mantén o trazado habitual -nun treito da estrada LU-611 entre Rubián (Bóveda) e Taboda-, con saída no Cruce das Seixas e chegada en Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co concelleiro de Cultura, Deportes e Medio Rural de Taboada, Manuel Diéguez, e co responsable da Escudería Taboada, José Seijo, para coñecer os últimos preparativos da Subida a Taboada, que se celebrará os días 27 e 28 de abril co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Efrén Castro ratificou “a colaboración coa proba”, que encadrou no apoio que “dá a área de Deportes ao automobilismo, con achegas e colaboracións cos rallys de asfalto e montaña que se celebran nas distintas comarcas, e tamén con programas e convocatorias específicas para pilotos de rally”.

Manuel Diéguez explicou que despois de recuperar a proba o pasado ano, “afrontamos esta nova edición co obxectivo de consolidala como un referente desta modalidade deportiva”. Subliñou “a participación na carreira da escudería local e de equipos da comarca, que teñen a posibilidade de competir preto da casa”. O trazado, con chegada en Taboada, “facilita que o público que se achega para seguir o rally xenere actividade na vila e coñeza o municipio”.

A Subida a Taboada suporá o inicio do Campionato Galego de Montaña, xa que é a primeira desta modalidade no calendario de 2024.

ÚLTIMAS

600 alumnos de oito centros  da Ribeira Sacra participan en Monforte no Correlingua

O Parque dos Condes reuniu aos mozos e mozas de colexios e institutos baixo...

Recollida de plásticos agrícolas nas parroquias de Monforte este 27 de maio

A recollida de plásticos agrícolas levarase a cabo dende primeira hora da mañá e...

Chantada promociónase en Festur 2024 do 30 de maio ao 2 de xuño

O Concello de Chantada participa un ano máis en Festur 2024, X Feira de...

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...