HomeDeportes'XV Torneo Val de Lemos' de ximnasia rítmica

‘XV Torneo Val de Lemos’ de ximnasia rítmica

O Club Quicela, de Monforte, acadou un total de 16 medallas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega o pasado sábado 27 de abril das medallas correspondentes ó XV Torneo Val de Lemos Ximnasia Rítmica, competición que se celebrou no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela.

Esta foi a décimo quinta edición deste Torneo de ámbito autonómico, que estivo organizado polo Club Quicela, no que participaron, ademais do clube monfortino, clubes chegados de toda a comunidade galega e cun total de 460 ximnastas dos niveis B, escolar, promoción e prebase.

No que respecta ao medalleiro, o Club Quicela acadou un total de 16 medallas. No que respecta a equipos, foron ouro: Iniciación B, Iniciación Escolar, Prebenxamín Escolar e Alevín Promoción; Conseguiron prata: Benxamín Escolar, Cadete Escolar e Infantil Promoción; mentres que Infantil Escolar e Cadete Promoción levaron bronce.

No apartado individual, foron ouro: África Dos Santos, Sofía Rodríguez, Alba López, Alisa Urdaneta, Sara Campos e Desiré Olmeda; mentres que a ximnasta Ana Álvarez levou unha prata.

O evento contou coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...