HomeDeportesRecepción do piloto monfortino Eduardo Iglesias na Deputación de Lugo

Recepción do piloto monfortino Eduardo Iglesias na Deputación de Lugo

O Presidente, José Tomé Roca, recibiu este venres 3 de maio no Pazo de San Marcos ao piloto de motos que participou por quinto ano consecutivo no Rally Dakar 2024, rematando no posto 75 da clasificación xeral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o encontro, José Tomé trasladoulle ao deportista os seus parabéns en nome propio e no da institución provincial. “Apoiamos o talento e o esforzo dos deportistas da nosa provincia en todos os niveis, neste caso porque eventos de ampla proxección internacional como é o Rally Dakar supoñen un factor de promoción da provincia de Lugo moi importante”.

O mandatario provincial salientou a importancia do resultado deste ano de Eduardo Iglesias, cun mérito especial, pois, dos 19 pilotos de motos españois que se inscribiron no Dakar deste ano, só 6 conseguiron chegar á meta final e acabar o rally. Deses 6 pilotos que finalizaron, o monfortino acadou o 3º mellor posto.

No acto institucional, o piloto monfortino estivo acompañado por Jesús Veloso, membro do seu equipo deportivo. O Presidente entregoulles un exemplar do libro Proxectos para o Hospital de Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo. Pola súa banda, Iglesias agradeceu ao Presidente o apoio sempre mostrado pola institución provincial.

Eduardo Iglesias e Jesús Veloso con José Tomé. Foto: Prensa da Deputación de Lugo.

A Deputación de Lugo vén patrocinando dende o primeiro ano ao piloto lucense na súa participación no Dakar, o rally máis grande do mundo. Eduardo Iglesias levou a imaxe da provincia tanto na moto, como na súa vestimenta.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...