HomeDeportesAndaina solidaria na Peroxa

Andaina solidaria na Peroxa

Será o 26 de maio e contará con dous roteiros: un de 6 quilómetros e outro de 17.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A VII Andaina Solidaria de A Peroxa terá lugar o domingo 26 de maio e, por segunda vez, estará adicada a colaborar coa Asociación Diabética Auria de Ourense para futuras actividades de prevención e abordaxe da diabetes. 

Este evento de carácter benéfico contará con dous roteiros: un de 6 quilómetros e outro de 17 sendo a saída na Praza do Concello de A Peroxa ás 9:30 h. O prezo solidario do dorsal é de 8 € (5€ de donativo para a asociación e 3€ para gastos de organización) e coa inscrición os participantes terán avituallamentos, pinchos ao remate e sorteo con agasallos dos colaboradores. 

Para anotarse na páxina web de CCNORTE: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2775/vi-andaina-solidaria-a-peroxa

Antes do día da andaina deberáse presentar no Concello ou na Asociación Diabética Auria o xustificante de inscrición para obter o dorsal. Para máis información: 988 20 66 14 (Concello) ou 648 802 361 (Asociación). 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...