HomeDeportesO Programa Deportivo de Verán de Monforte oferta 822 prazas

O Programa Deportivo de Verán de Monforte oferta 822 prazas

Esta nova edición do Programa Deportivo de Verán conta con catro actividades deportivas: O Campamento Deportivo de Verán, O XVIII Campus de Fútbol Cidade de Monforte – Real Club Celta de Vigo, Cursos de natación na Piscina climatizada municipal. Curso de Tenis.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, destaca que desde o concello “fixemos un esforzo moi importante para poder manter a celebración destas actividades de verán, nas que ofertamos un total de 822 prazas, que é o número máis alto dos últimos anos que dende o Concello puxemos en marcha para as actividades de verán e que supoñen 8 prazas máis que as ofertadas en 2023”.

Este ano hai varias novidades; en primeiro lugar, para poder participar será requisito imprescindible estar empadroados/empadroadas no Concello de Monforte. No caso de que o neno/a non estea empadroado/a no Concello de Monforte poderá participar se está empadroado algún dos seus proxenitores (pai ou nai) ou algún dos seus avós.

En segundo lugar, as persoas interesadas en participar no Campamento Deportivo de Verán 2024 deberán facer unha solicitude de preinscrición a través do rexistro xeral do Concello de Monforte (ben presencial ou electrónico) entre o 23 e o 30 de maio de 2024.

E en terceiro lugar, as solicitudes poderán presentarse de xeito individual ou múltiple. Poderán presentar unha solicitude múltiple para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás. Esta solicitude múltiple só se poderá empregar no caso de persoas que soliciten idéntica/s quenda/s.

CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN

O Campamento Deportivo de Verán desenvolveranse, por quinto ano consecutivo, nun período de tempo máis amplo do habitual, do 1 de xullo ao 14 de agosto. Serán tres quincenas, cun total de 32 días de actividade, 2 días máis que o ano pasado.

A distribución das 3 quendas será a seguinte:

  • A primeira, do 1 ó 15 de xullo.
  • A segunda do 16 ó 31 de xullo.
  • E a terceira, do 1 ó 14 de agosto, sempre de luns a venres, non festivos, de 10 a 14 horas.

O número total de prazas ofertadas é de 360, e por quenda será de 120 prazas distribuídas en 12 grupos de traballo, o que establece unha ratio de 10 alumnos/as por monitor/a.

Das prazas ofertadas por quenda, reservanse 6 prazas para persoas con discapacidade superior ou igual ó 33% e 8 prazas que se poñen a disposición dos Servizos Sociais do Concello de Monforte.

As actividades ofertadas, como en pasadas edicións combinarán accións multideportivas con obradoiros variados, e excursións diversas.  As actividades levaranse a cabo na área deportiva da Pinguela.

Nos campamentos poderán participar nenos e nenas de entre os 5 e os 12 anos de idade, que poderán realizar a preinscrición no Rexistro presencial ou telemático do Concello, a partir deste xoves 23 de maio e ata o 30 de maio de 2024.

O 4 de xuño publicarase o listado de persoas preinscritas, e do 5 ó 7 de xuño, abrirase o período de emenda de solicitudes, que deberá facerse tamén a través do Rexistro do Concello. No caso de ser necesario, haberá un sorteo de prazas. E o 11 de xuño será publicada a lista de persoas admitidas e lista de agarda.

A matrícula definitiva efectuarase entre o 12 e o 21 de xuño e poderá facerse de dous xeitos:

  • Enviando toda a documentación requirida por correo electrónico ao enderezo: deporte.veran@concellodemonforte.com
  • Presentando toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, nas Casitas.

O custe da actividade será ó igual que en pasadas edicións de 51,75€ por quincena para matrículas sen transporte e de 67,28€ para aqueles nenos e nenas que necesiten transporte para achegarse ó seu campamento, xa que, ó igual que outros anos, síguese ofertando o servicio de transporte en autobús para todos aqueles que o necesiten. As familias numerosas terán un 50% de desconto.

XVIII CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE – R.C. CELTA DE VIGO

A actividade de este Campus, que con esta suma xa 18 edicións, celebrarase entre o 29 de xullo e o 2 de agosto no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas.

Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos que, de igual xeito que para o Campamento Deportivo, poderán realizar a súa preinscrición través do rexistro xeral do Concello de Monforte (ben presencial ou electrónico)., entre o 23 e o 30 de maio.

O número de prazas ofertadas será de 100, que se distribuirán en 6 grupos de traballo O custe da actividade será de 26,91€ e as familias numerosas terán un desconto do 50%. Os prazos de matrícula serán os mesmos que no caso do Campamento Deportivo de Verán.

CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL

Estes cursos están dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas adultas e terán lugar durante os meses de xullo e agosto. Haberá cursos intensivos de 15 días con clases de luns a venres para categorías infantil e nenos, e cursos mensuais de dous días á semana para bebés, adultos e ximnasia acuática.

Para levar a cabo as inscricións nalgún dos cursos ofertados, as persoas interesadas deberán acudir á piscina climatizada municipal: as persoas aboadas a partir do 19 de xuño, e a partir do 24 de xuño, as non aboadas.

Estes cursos de natación contarán cun total de 308 prazas, fronte ás 300 ofertadas o ano pasado, é dicir, son 8 prazas máis.

CURSOS DE TENIS

Os cursos de tenis, que foron incluídos por primeira vez no ano 2022, desenvolveranse 1 de xullo e o 14 de agosto, distribuídos en 3 quendas, do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo e do 1 ao 14 de agosto.

En total son 54 prazas, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que se ofertan para persoas empadroadas en Monforte, cos mesmos prazos que o Campamento Deportivo de Verán.

As clases terán lugar nas Pistas de Tenis municipais da Pinguela e levaranse a cabo os martes e os xoves non festivos, con clases de 1 hora de duración.

ÚLTIMAS

As Festas de San Xoán de Sarria máis inclusivas

Falamos con María Eugenia Valcárcel López, concelleira de Festas no Concello de Sarria, para...

Vasoira de Platino para Monforte pola implantación do Plan de xestión da materia orgánica

A cidade de Monforte de Lemos recibiu un galardón que se lle concede ás...

O PP pide á Deputación que inste a Adif a reparar os danos ocasionados nas estradas provinciais de Sober e Pantón

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron os numerosos danos producidos en...

1º Certame de “Relatos Manuscritos” Peruchela Edicións en Monforte

A libraría-editorial Peruchela Edicións, de Monforte de Lemos, coñecida polas súas presentacións de libros...