HomeDeportesVII Andaina solidaria da Peroxa

VII Andaina solidaria da Peroxa

Será este domingo 26 de maio e faise en favor da Asociación Diabética Auria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de A Peroxa organiza a sétima edición da súa andaina solidaria, co apoio da Deputación de Ourense, que se celebrará o 26 de maio a favor da Asociación Diabética Auria.

Os organizadores desta iniciativa reuníronse, rematando esta semana, para ultimar os detalles do evento solidario. Na xuntanza, ademais do alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, e do concelleiro, José Manuel Rodríguez, estiveron a vicepresidenta da asociación, Margarita Diéguez, e varios socios/as da mesma.

A proposta inclúe dous percorridos circulares de diferentes distancias para adaptarse ás condicións físicas dos participantes: unha ruta curta de 6 quilómetros e outra longa de 17, con avituallamentos e sorteos ao remate da proba. En ambos casos, a saída da andaina será ás 09:30 horas desde a Praza do Concello.

Os interesados en participar que aínda non se inscribiran na plataforma de inscrición habilitada, poderán facelo o propio día da andaina media hora antes da saída, pagando en efectivo os 8 € do dorsal. Para aqueles que queiran colaborar con esta iniciativa solidaria e non poidan participar poderán realizar aportacións a través da Fila 0.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...