HomeDeportesTorneo-Festa deportiva fin de tempada do C.V. Ribeira Sacra

Torneo-Festa deportiva fin de tempada do C.V. Ribeira Sacra

Este sábado celebrouse o acto-festa de peche da Tempada 23/24 do CV Ribeira Sacra, aínda que o remate oficial será no vindeiro mes de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Celebrouse unha xornada de confraternidade da familia do C.V. Ribeira Sacra, na que se disputaron 30 partidos entre os equipos do club e os do filial (C.V. Quiroga).

CV Ribeira Sacra

Máis dun cento de nenas que disfrutaron dunha xornada de lecer coas fotos de grupo, partidos entre pais/nais e entre adestradoras e unha selección de xogadoras.

Os actos desenvolvéronse no Pavillón polideportivo municipal da Pinguela, para rematar a xorna cunha comida de toda familia do C.V. Ribeira Sacra nun restaurante local.

Tamén se fixo entrega dun agasallo ó Concello de Monforte polo seu apoio ó voleibol e ó deporte monfortino. O Concelleiro de Deportes recolleu o obsequio, un prato conmemorativo de Sargadelos.

CV Ribeira Sacra entrega agasallo ao concello de Monforte de Lemos

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...