HomeDeportes5 piragüistas do Quixós convocados para o Europeo de Suiza

5 piragüistas do Quixós convocados para o Europeo de Suiza

Irán competir á localidade de Dallenwil do 3 ao 6 de xullo.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 20 de xullo, a Real Federación Española de Piragüismo deu a coñecer de forma oficial a convocatoria de deportistas que participarán representando a España no Campionato de Europa de Descenso Junior e Sub23 de Augas Bravas que terá lugar en Suiza. Concretamente, a localidade que acolle a competición é Dallenwil, e esta desenvolverase entre o 3 e o 6 de xullo.

Cinco deses deportistas pertencen ás filas do Club Quixós de Monforte: Noa Díaz Quintián, Efrén Álvarez Vázquez, Ximena Prats Moreiras, Gabriel Rodríguez López, e Jacobo Rodríguez López. Este último estréase neste tipo de competición.

Noa Díaz Quintián participará en Patrullas (K1 e C1), e tamén en C2 e K1; Ximena Prats Moreiras en Patrullas (C1), en C2 e K1; Efrén Álvarez Vázquez en Patrullas (K1), C1 e K1; Gabriel Rodríguez López en Patrullas (K1), en K1 e C2; e Jacobo Rodríguez López en K1.

En palabras do Director Deportivo do club monfortino, Santi Díaz, tras preguntarlle como valora esta convocatoria, “se de 16 deportistas 5 son do Quixós… imaxinade se fose fútbol…”.

O domingo 30 de xuño, despois de competir no Campionato de España de Sabero, en León, os 5 piragüistas do Quixós collerán xa camiño de Suiza.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...