HomeDeportesChantada celebra o 7 de setembro, o día de Deporte na Rúa

Chantada celebra o 7 de setembro, o día de Deporte na Rúa

O Concello de Chantada a través da concellaría de Deportes organiza para este sábado, 7 de setembro, unha xornada de Deporte na Rúa, Xogos Populares e Inchables.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades desenvolveranse ao carón das piscinas, de modo que se prohibirá o estacionamento na zona de aparcamentos para instalar neste lugar os distintos xogos.

Contarase con colchonetas inchables con piscina e para diferentes deportes como tenis, baloncesto, ping-pong, minigolf,… A xornada desenvolverase en horario de 16:00h. a 20:00h. contando con 5 monitores que guiarán as diferentes actividades. A proposta é totalmente gratuíta e destínase a nenos e nenas de 4 anos en adiante.

O Concello de Chantada retoma así unha actividade que hai anos se facía nas rúas da vila e que agora se traslada a este espazo para non interferir na actividade cotiá, despois dun mes de agosto repleto de actividades nas rúas e prazas, “un día de deporte na rúa pareceunos importante para desintoxicar das festas e poder entrar con forza na dinámica do colexio; unha forma de despedir as vacacións e que os nenos e nenas afronten a volta ás aulas con enerxía”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....