HomeDeportesNoa Díaz, piragüista do Quixós, deportista do ano nos premios de El...

Noa Díaz, piragüista do Quixós, deportista do ano nos premios de El Progreso

Recibiu o premio na categoría de piragüismo no transcurso da Gala deste xoves 24 de outubro

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Noa Díaz, deportista de Monforte coñecida polos seus éxitos no piragüismo, vén de recibir o premio de deportista do ano na XVIII edición dos Premios El Progreso do Deporte Lucense.

Ademais do amplo medalleiro acadado a nivel galego co seu Club Quixós, Noa tamén tivo relevantes premios a nivel nacional e internacional este ano. Concretamente, foron o bronce no Campionato do Mundo de augas bravas, celebrado en León na modalidade de patrullas C-1 co trío conformado con Ximena Prats e Eider Larrañaga, e en individual quedou no cuarto posto en C-2 xunto con Eider.

E non hai moitas semanas, a monfortina acadou o segundo posto a nivel estatal na modalidade de kaiac cross e décima no Campionato Europeo.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...