HomeEconomíaA etapa raíña do Gan Camiño disputarase entre A Pobra do Brollón...

A etapa raíña do Gan Camiño disputarase entre A Pobra do Brollón e Pedrafita do Cebreiro

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, presentou a etapa raíña, que se desenvolverá entre A Proba do Brollón e Pedrafita do Cebreiro. “Levabamos tempo falando destas opción porque temos unha alta montaña dura e preciosa para o espectáculo. Polas datas sempre tiñamos dúbidas, pola posibilidade de que a neve puidese condicionar o desenvolvemento da etapa. Desta volta, a organización optou por intentalo, dispoñendo de antemán alternativas para reaccionar no caso de que a meteoroloxía non sexa favorable”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A provincia vai ser o escenario da etapa máis montañosa do Gran Camiño 2025. Así o confirmaron Ezequiel Mosquera, director da carreira, e Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, durante o acto de formalización do apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo á proba ciclista, que este ano contará con cinco etapas – unha por provincia e outra en Portugal.

A proba contou na provincia cunha contrarreloxo individual en Sarria na primeira edición, unha etapa entre Lugo e Sarria (con paso polos concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada, O Saviñao, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Bóveda, O Incio e Samos), na segunda, e un itinerario pola Ribeira Sacra Lucense (Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada), na terceira,

Alejandro Valverde, gañador da primeira edición, e Jonas Vingegaard, vencedor nas dúas seguintes, forman o palmarés da proba, que contou desde a primeira edición co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo no obxectivo de consolidar no calendario unha gran volta ciclista que situase Galiza no calendario do ciclismo internacional.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...