HomeDeportesA Deputación de Lugo poñerá 15.000 euros para apoiar ao motorista Eduardo...

A Deputación de Lugo poñerá 15.000 euros para apoiar ao motorista Eduardo Iglesias no vindeiro Rally Dakar

O Presidente da Deputación recibiu ao motorista monfortino na Praza de San Marcos o pasado 13 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou o venres 13 de decembro que a institución provincial achegará 15.000 € ao piloto de motos Eduardo Iglesias para que poida participar no Rally Dakar 2025. Fíxoo na Praza de San Marcos, onde recibiu ao monfortino, único motorista galego presente na competición, valorando a súa participación nunha das probas máis duras e máis mediáticas do mundo. “Apoiamos o talento e o esforzo dos deportistas da provincia polos valores que transmite o deporte e pola súa capacidade para promocionar o noso territorio”, sinalou.

Esta será a quinta ocasión na que Eduardo Iglesias participa no Rally Dakar, que volverá a ser en Arabia Saudita entre o 3 e o 17 de xaneiro. Como todos os anos, e para visibilizar o patrocinio da institución provincial, o piloto portará o escudo da Deputación na moto, na vestimenta, na furgoneta e nunha carpa.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...