HomeDeportesO Concello de Sarria ofrece a oportunidade de aprender a xogar a...

O Concello de Sarria ofrece a oportunidade de aprender a xogar a ‘snooker’

Trátase dunha das modalidades de billar máis vistas en Eurosport. Este sábado 25 de xaneiro será a presentación oficial no Club de Billar Snooker Sarria ás 16:00 h. Ademais, poderase gozar nesta xornada dunha masterclass gratuíta impartida polo billarista sarrián Juan Pedro Durán “Gussy”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria segue a innovar no que se refire a actividades, e neste caso faino ofrecendo a posibilidade de aprender unha disciplina deportiva coa que non se contaba nas Escolas Deportivas, o snooker. Este sábado 25 de xaneiro, ás 16:00 h, será a presentación na Feculera, no Club de Billar Snooker Sarria.

Estamos a falar dunha actividade pioneira no noso país e, segundo refiren fontes do concello, “Sarria convértese no primeiro en ofrecer aos seus veciños e veciñas a oportunidade de aprender e practicar o snooker, unha das modalidades de billar máis vistas en Eurosport e considerada unha das máis esixentes”.

A presentación contará ademais cunha masterclass de balde impartida polo billarista sarrián Juan Pedro Durán “Gussy”. Será unha oportunidade única para coñecer este deporte en detalle: aspectos técnicos, regras, competicións e diferenzas co resto de modalidades.

A xornada, ademais de servir de presentación e de goce de ver xogar a “Gussy”, permitirá aos asistentes a probar esta disciplina.

Aquí podedes ler unha entrevista que lle fixo Xornal de Lemos a Juan Pedro Durán “Gussy” no 2021.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...