HomeDeportes400 deportistas na carreira "Xacorun" que se celebra o 30 de marzo...

400 deportistas na carreira “Xacorun” que se celebra o 30 de marzo entre Sarria, Paradela e Portomarín

A entidade organizadora, Pretorianos Club, agarda uns 250 deportistas na cuarta edición desta proba, que discorre polo Camiño de Santiago

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cuarta edición da carreira Xacorun desenvolverase este domingo, 30 de marzo, cun percorrido polo Camiño de Santiago entre Sarria, Paradela e Portomarín.

A organización agarda a participación duns 250 deportistas. Como en ocasións anteriores, ofrece tres modalidades de participación, nas que se poderán completar 23 quilómetros dende Sarria ata Portomarín individualmente ou por remudas -con cambio en Mirallos – ou 10 quilómetros de forma individual – con saída dende Mirallos -.

Os promotores incidiron en que se trata dun evento que fomenta a práctica deportiva e ao mesmo tempo contribúe á promoción da zona, xa que congrega a moitos corredores e acompañantes que en moitos casos aproveitan para realizar visitas turísticas. Colabora coa organización a Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...